A TORTILLA DE BETANZOS
A nosa tortilla de pataca merece un apartado especial no noso mesón. Premiada a nivel nacional no «Concurso Nacional de Tortilla de Papa de Tenerife» no ano 2017, e na edición de “Campeonato Nacional de Tortilla de Patata” do ano 2011
Falar de Betanzos é falar da tortilla de patacas, gañadora de premios e moi coñecida e persoal polo xeito en que se cociña.
Non podemos deixar de falar da tortilla de Betanzos sin mencionar o Restaurante “La Casilla”. Este restaurante popularizou esta tradicional receta, e foi o responsable de facer de Betanzos a cuna da tortilla de pataca, con máis de cen anos dende a súa apertura.
Os ingredientes, o corte da pataca, a súa fritura, as proporcións e a xugosidade do prato finalizado, son as principais peculariedades da nosa tortilla, premiada a nivel nacional e local.
En primeiro lugar os ingredientes. Estos han de ser de alta calidade, por iso han de usarse ovos de galiña de corral, patacas kennebec, a variedade máis producida en Betanzos e aceite de oliva.
As proporcións son esenciais para obter unha tortilla moi xugosa. Así, empréganse aproximadamente tres ovos por cada pataca, o que permitirá facer unha tortilla de catro racións con algo máis de unha ducia de ovos.
A pataca córtase en trozos finos e pequenos, frítese en abundante aceite moi quente. Os ovos batiranse, non demasiado, e mistúranse coa pataca antes de introducir de novo na sartén para formar a tortilla.
A tortilla deixarase facer pouco tempo, de forma que, unha vez posta na mesa, o cortala, o ovo inunda o prato.

