O MESÓN

Un mesón ideal para comer e cear grupos de amigos, familias ou parellas. O Mesón O Pote atópase na primeira das dúas calexas de Betanzos (Travesía do Progreso), a zona de viños por excelencia no pobo. Con máis de 40 anos de historia, é propiedade de Alberto García dende 2006.

En Mesón O Pote mantense a esenza de mesón, pero cun toque de modernidade, xa que está en constante evolución e pretende que quen entre síntase como da familia nun espazo onde sentirse cómodo e despreocupado.

É un lugar de referencia en Betanzos, perfecto para comer e desenfadado para cear. Racións e pratos pensados para compartir, convírtese en un lugar moi adecuado para grupos de amigos, familias ou parellas.