• 981 774 822
  • info@mesonopote.com

Benvidos ó Mesón O Pote. Nestas liñas contámosche quen somos e cal é a nosa filosofía. En definitiva, queremos que saibades un pouco sobre nos, o que nos motiva e impulsa a mirar para adiante cada día.

O equipo

cocineros-2012_07_110971

O meu nome é Alberto García Ponte.

Tiven a sorte de adquirir os coñecementos de cociña na escola de Hostelaría IESP Fragas do Eume de Pontedeume, onde me atopei con grandes profesionais (Xoan Couce, Rebeca e Anxo Porto, Suso Rubido) e, principalmente, o meu gran mentor Carlos Rodriguez Souto, cociñeiro de raíces e, coma min, amante da máis tradicional das cociñas Galegas.

Unha traxectoria profesional que comezou hai más de doce anos nos que vivín diferentes experiencias ó frente de varios locais en Sada, en Narón e en Betanzos.

Agora, ó frente do Mesón O pote, síntome arroupado nesta etapa de continuidade e evolución do meu negocio por Lida María Vargas,  a miña esposa, autodidacta e gañadora do Concurso Nacional de Tortilla de Patacas, “Mona”, cociñeira iraní e tamén saida do instituto Fragas do Eume. E, coma non pode ser de outra forma, todo un pequeno equipo de traballo dinámico e con ganas de mellorar, que nos fai un pouco máis sinxelo o día a día no Mesón O Pote.

O Mesón O Pote

O Mesón O Pote é un Mesón típico dunhas calexas de viños de calqueira casco histórico no que queremos facer sentir ós nosos clientes, moitos de eles coñecidos do día a día, a mestura entre un mesón de sempre é a atención desde unha perspectiva actual de calidade.

Conta cunha sala con barra e 45 prazas sentadas cun ambente de taberna, e con un pequeno reservado de 15 prazas coa cociña á vista, ésta totalmente renovada.

 

Este mesón leva aberto máis de 40 anos en Betanzos, continuada por min dende o ano 2006.

Filosofía

No Mesón O Pote gústanos sentir ós clientes como si foran da familia, ofrecerlles un espacio onde se sintan cómodos e despreocupados.

Viños da terra e nacionais, cerveza galega, pinchos, tapas, racións e pratos para que o noso servicio esté dispoñible desde o tapeo de antes da comida hasta a cea.

Cociña galega de raíces, esa é a nosa filosofía, buscando tapas e racións típicas, feitas con criterio, elaboracións e técnicas culinarias adaptadas a estes productos.

 

conecenos2

Consideramos que debemos transmitir ós nosos clientes e os que se acheguen ó Mesón O Pote por primeira vez que na nosa cociña se “guisa”, que hay un cheiro a cociña de sempre.

–> A cociña galega