• 981 774 822
  • info@mesonopote.com

opote-tortilla-betanzos1Falar de Betanzos é falar dos irmáns García Naveira, da cidade dos cabaleiros, da feira franca, da xira ós Caneiros e, como non, da tortilla de patacas, gañadora de premios e moi coñecida e persoal polo xeito en que se cociña.

Non podemos deixar de falar da tortilla de Betanzos sin mencionar o restaurante “La Casilla”. Este restaurante popularizou esta tradicional receta, e foi o responsable de facer de Betanzos a cuna da tortilla de pataca, cumplíndose no ano 2010 un centenario da súa apertura. Dende entonces xa son tres as xeracións que souperon manter a tradición deste restaurante que sigue servindo decenas de tortillas diariamente.

Contámosche a continuación a historia da tortilla de pataca.

A historia

A primeira referencia á tortilla remóntase ós romanos, aínda que daquela a tradición era mesturar ovos con outros ingredientes. Gracias ó regreso de Colón de América e á posterior importación da pataca, comezouse a combinar sabiamente ambos ingredientes.

Durante o século XVI a pataca empezou a usarse de forma habitual na cociña, moitas veces como un recurso para combatir a fame, e xa no século XVIII o seu consumo empezou a popularizarse.

A primeira referencia escrita á tortilla de pataca data do ano 1817. É un documento anónimo navarro titulado “Memorial de la ratonera”, no que se explican as pésimas condicións de vida dos agricultores e nas que se fai referencia ós alimentos que consumen, explicando como preparar a tortilla.

A medida que foi pasando o tempo, esta preparación foise facendo máis popular e xa durante todo o século XX convertiuse nun prato común e famoso.

A tortilla de Betanzos

Qué aspectos debe cumprir unha boa tortilla de pataca de Betanzos?

Os ingredientes, o corte da pataca, a súa fritura, as proporcións e a xugosidade do prato finalizado.

En primeiro lugar os ingredientes. Estos han de ser de alta calidade, por iso han de usarse ovos de galiña de corral, patacas kennebec, a variedade máis producida en Betanzos e aceite de oliva.

As proporcións son esenciais para obter unha tortilla moi xugosa. Así, empréganse aproximadamente tres ovos por cada pataca, o que permitirá facer unha tortilla de catro racións con algo máis de unha ducia de ovos.

A pataca córtase en trozos finos e pequenos, frítese en abundante aceite moi quente. Os ovos batiranse, non demasiado, e mistúranse coa pataca antes de introducir de novo na sartén para formar a tortilla. A tortilla deixarase facer pouco tempo, de forma que, unha vez posta na mesa, o cortala, o ovo inunda o prato.

Ensinámosvos un vídeo de Lida integrante do equipo de cociña do Mesón O Pote, explicando o proceso de elaboración da mellor tortilla de pataca.

 

tortilla

A tortilla de pataca merece un apartado especial no noso mesón, xa que fumos gañadores do concurso local de Tortilla de pataca no ano 2009 e, a nivel nacional, na edición de “Campeonato Nacional de Tortilla de Patata” do ano 2011.