A Tortilla de Betanzos do Mesón O Pote no programa A Superfesta da TVG
O MESÓN O POTE NO PROGRAMA A SUPEFESTA DA TVG
O pasado mércores, 20 de agosto de 2025, o programa A Superfesta da TVG, presentado por Bruno e Borjamina (os Mozos de Arousa), visitou o Meso do Pote para mostrar como é o proceso de cociñado da afamada e premiada Tortilla de Betanzos do Mesón O Pote. O programa buscaba determinar cal é a mellor celebración de San Roque en Galicia. No programa falouse da festa do Auga de Vilagarcía de Arousa, do San Roque de Cervo, e como non das festas patronais de Betanzos, entre outras. Un dos aspectos resaltado das celebracións, como non podía ser doutra forma, foi a gastronomía. Representando a Betanzos, presentamos a Tortilla de Betanzos, un luxo gastronómico que día a día, consegue atraer a máis xente.
No programa, a nosa chef Ana, explicou paso por paso, como é o proceso de elaboración da nosa tortilla, con todas as particularidades que ten. Destacamos a calidade da matería prima empregada, como das patacas, óvos e aceite, as técnicas de cociñado e o punto de cocción da tortilla que no seu conxunto, da como resultado unha tortilla única e espectacular.
Desde o Mesón O Pote, queremos agradecer ao programa A Superfesta da TVG, ós seus presentadores Bruno e Borjamina, e a todo o equipo da TVG, que contase co Mesón O Pote, para representar ao noso pobo, Betanzos, e a súa afamada Tortilla de Betanzos, neste programa tan especial… moitas grazas !
Foi un pracer e un orgullo, poder participar neste programa. A continuación podedes ver o extracto do programa rodado no Mesón O Pote.

