• 981 774 822
  • info@mesonopote.com

cocina1

Galicia é unha mestura de tradición e calidade, e a súa cociña está recoñecida pola sua excelencia gracias a uns productos de primeira calidade cociñados respectando os orixes. Esta combinación do de sempre e dos novos tempos e o que queremos que sintas cando veñas ó noso mesón.

A nosa cociña é moi diversa, ademáis dos productos de primeira calidade que posúe. Dende o mar ata a horta, pasando polas fabulosas carnes, fan da cociña tradicional galega un manxar exquisito para os paladares máis esixentes tanto dos galegos como da xente que visita a nosa rexión.

Os peixes e mariscos

cocina2
Os nosos mariscos e pescados brilan con luz propia. Quen non gusta duns percebes do Roncudo, dunhas sardiñas asadas de Sada, dunhas ameixas de Carril, do pulpo de Fisterra e Camariñas e da gran variedade de peixes, Merluza, Rape, Sargos, Lubinas cociñados coas nosas salsas mariñeiras? Cabe tamén mencionar a nova cociña de autor, que ven pisando forte na nosa rexión, enriquecendo a cociña tradicional galega con novos pratos e novos ingredientes como algas ou erizos entre outros.

A terra

cocina3
As nosas hortalizas son especiais gracias ó clima e as terras do país. Os repolos, os grelos, os allos, os pementos,  e, como non, a pataca, acompañamentos esenciais en moitos dos nosos pratos tradicionais. Un bo cocido, un caldo ou un peixe non se poden pensar sin unhas boas hortalizas ó seu carón.

As carnes

cocina4As carnes, empezando coa calidade da Tenreira Galega, pasando polo cocho e sen olvidarnos da caza, fan posible que pratos como o Lacón con grelos, Xabarín con castañas, ou unha chuleta de tenreira galega, teñan un sabor especial na nosa rexión.

Pan e empanadas

cocina5 E como non, o noso pan, obrigado acompañante dos nosos pratos cun bó anaco, cunha elaboración artesanal e con millo do país. Rexións como Carral, Carballo ou Cea son privilexados na elaboración artesanal deste acompañamento, e as nosas empanadas, feitas con masa de millo ou trigo, e recheas de cebola e carne, xoubas, mexillóns, berberechos …

Os postres

cocina6E se despois de todo esto quedamos con fame, todavía nos quedan os nosos postres, pasteles caseiros elaborados cos nosos froitos (castañas, figos, mazás, fresas, …), membrillo con queixo, xa sexa de Arzúa ou de tetilla, as nosas tartas, a de Santiago ou Mondoñedo como as máis coñecidas fora da rexión, e as filloas e orellas, postre típico do antroido galego.

 

 

En definitiva, da esencia da cociña galega está feita a nosa carta de pratos e tapas, e será a nosa maior satisfacción saber que tras ler esta páxina o que queres agora e vir a probar un pouquiño de ela

 

–> A tortilla de betanzos