• kenburns6
    Canvas Logo
    A NOSA FILOSOFÍA
    Cociña Galega de raíces
    Cociña galega con base tradicional misturada con técnicas culinarias modernas.
  • kenburns1
    MESÓN O POTE | COMER E CEAR EN BETANZOS
    un apartado especial para a nosa tortilla
    A tortilla de Betanzos
    Premiada a nivel nacional na edición de “Campeonato Nacional de Tortilla de Patata” do ano 2011
  • kenburns1
    MESON O POTE | COMER E CEAR EN BETANZOS
    Nas calexas de Betanzos
    O Mesón O Pote
    Racións e pratos para compartir, perfecto para comer e cear.
  • kenburns1
    MESÓN O POTE | COMER E CEAR EN BETANZOS
    O cargo do equipo esta o cociñeiro Alberto García Ponte
    Un equipo de traballo excepcional
    Todo un equipo de traballo para que te sintas como na túa casa

A cociña

Cociña galega de raíces, esa é a nosa filosofía. Elaboracións cunha base tradicional, feitas con criterio e técnicas culinarias modernas adaptadas o noso producto.

Unha combinación do de sempre e dos novos tempos é o que queremos que sintas cando veñas ó noso mesón. Podemos definir a cociña do mesón como unha cociña con base tradicional e corte moderno.

O producto de calidade é o gran protagonista dos nosos pratos. Galicia é a nosa despensa maioritariamente, productos que se acompañan de guarnicións e aliños tradiccionais que non desvirtúan o elemento principal.

Para nós, as denominacións de orixe galegas, as indicaccións xeográficas protexidas, e as creacións de productos singulares do noso país, son as principáis armas para elaborar os nosos pratos.

Temos en conta tamén que estos productos sexan coidados con técnicas de cocción axeitadas, actuais e tradiccionais, onde o sabor será o gran protagonista. Por suposto coidando ó máximo a seguridade e hixiene dos mismos

Comer e cear en betanzos 1 Comer e cear en betanzos 2 Comer e cear en betanzos 3 Comer e cear en betanzos 4 Comer e cear en betanzos 5 Comer e cear en betanzos 6 Comer e cear en betanzos 7 Comer e cear en betanzos 8 Comer e cear en betanzos 9

A nosa tortilla de betanzos

A nosa tortilla de pataca merece un apartado especial no noso mesón, premiada a nivel nacional, na edición de “Campeonato Nacional de Tortilla de Patata” do ano 2011

Falar de Betanzos é falar da tortilla de patacas, gañadora de premios e moi coñecida e persoal polo xeito en que se cociña.

Non podemos deixar de falar da tortilla de Betanzos sin mencionar o restaurante “La Casilla”. Este restaurante popularizou esta tradicional receta, e foi o responsable de facer de Betanzos a cuna da tortilla de pataca, con máis de cen anos dende a súa apertura.

Os ingredientes, o corte da pataca, a súa fritura, as proporcións e a xugosidade do prato finalizado, son as principais peculariedades da nosa tortilla, premiada a nivel nacional e local.

En primeiro lugar os ingredientes. Estos han de ser de alta calidade, por iso han de usarse ovos de galiña de corral, patacas kennebec, a variedade máis producida en Betanzos e aceite de oliva.

As proporcións son esenciais para obter unha tortilla moi xugosa. Así, empréganse aproximadamente tres ovos por cada pataca, o que permitirá facer unha tortilla de catro racións con algo máis de unha ducia de ovos.

A pataca córtase en trozos finos e pequenos, frítese en abundante aceite moi quente. Os ovos batiranse, non demasiado, e mistúranse coa pataca antes de introducir de novo na sartén para formar a tortilla.

A tortilla deixarase facer pouco tempo, de forma que, unha vez posta na mesa, o cortala, o ovo inunda o prato.

O mesón

Un mesón ideal para comer e cear grupos de amigos, familias ou parellas

O Mesón O Pote atópase na primeira das dúas calexas de Betanzos (Travesía do Progreso), a zona de viños por excelencia no pobo. Con máis de 40 anos de historia, é propiedade de Alberto García dende 2006.

En Mesón O Pote mantense a esenza de mesón, pero cun toque de modernidade, xa que está en constante evolución e pretende que quen entre síntase como da familia nun espazo onde sentirse cómodo e despreocupado.

É un lugar de referencia en Betanzos, perfecto para comer e desenfadado para cear. Racións e pratos pensados para compartir, convírtese en un lugar moi adecuado para grupos de amigos, familias ou parellas.

O equipo

Todo un pequeno equipo de traballo dinámico e con ganas de mellorar, que nos fai un pouco máis sinxelo o día a día no Mesón O Pote

O cargo do equipo esta o cociñeiro Alberto García Ponte.

Estudiou na escola de Hostelaría IESP Fragas do Eume de Pontedeume, onde se atopou con grandes profesionais (Xoan Couce, Rebeca e Anxo Porto, Suso Rubido) e, principalmente, o seu gran mentor Carlos Rodriguez Souto, cociñeiro de raíces como él, e amante da máis tradicional das cociñas Galegas. Reforzou os seus estudos na “Basque Culinary Center” de San Sebastián, con prácticas profesionais no “Hotel Finisterre” e no restaurante “Martín Berasategui”.

Ó longo destes anos ó frente do Mesón O Pote, conseguiu formar un equipo de traballo excepcional, que desenrola as súas responsabilidades con moitas ganas e dedicación, pudindo completar con éxito o ciclo completo do noso traballo, que comenza na compra da materia prima e remata cada vez que poñemos un prato nas mesas dos nosos clientes.

O teu mesón en Betanzos

Image


  • Travesía do Progreso 9 15300 Betanzos A Coruña
    Ver en google maps
  • --------------
  • 981 774 822
  • @mesonopote

HORARIO DE ALMORZOS
  • Luns a Martes: 13:15 a 15:45
  • Mércores: Pechado
  • Xoves a Domingo:13:15 a 15:45
HORARIO DE CEAS
  • Luns a Martes:20:30 a 23:30
  • Mércores:Pechado
  • Xoves:20:30 a 23:30
  • Venres e sábado: 21:00 a 0:00
  • Domingo:20:30 a 23:30

O Pote en tripadvisor